¡BENVID@!

Vés na procura de tranquilidade, dun descanso cómodo, bo xantar e una conversa amena, nunha contorna chea de propostas e beleza natural? Nesta pequena casa de aldea de só cinco habitacións, construída en pedra e madeira de castiñeiro e rehabilitada co noso cariño en todos os detalles, queremos que te sintas como na túa.
Iso si, a poucos minutos das fermosas praias de Lugo, dos espazos naturais dos ríos Eo e Masma, dos cumios do Xistral, das fragas de Trabada, dos mazos e muíños de Taramundi, da cidade medieval de Mondoñedo, das animadas vilas de Ribadeo e Viveiro e muitas cousas máis.


¡Ven e coñecenos!